Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de deseño, desenvolvemento e implantación do arquivo dixital da Administración pública de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do POCTEP, proxecto ARPAD (expediente 88/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o deseño, construción e posta en marcha da Xestión Documental e Arquivo Dixital da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 21.5.2015.

DOUE: 5.5.2014.

BOE: 20.5.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.575.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 630.000,00 €, máis 132.300,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 762.300,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2.10.2014.

b) Data de formalización do contrato: 23.10.2014.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 663.080,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia