Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 24 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola cal se notifica o acordo de procedencia de reintegro de subvención concedida (expediente CT221C 2012/64 e nove máis).

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícase a entidade relacionada no anexo o acordo de procedencia de reintegro da subvención concedida mediante Resolución do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 16 de outubro de 2012.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura

Anexo

Entidade: Editorial Danu.

Enderezo: rúa Tras do Pilar, núm. 6, 2, 15701 Santiago de Compostela.

Núm. expediente: CT221C 2012/64, 65, 66, 67, 68, 70, 71, 72, 73 e 74.

Data do acordo de procedencia de reintegro: 24 de outubro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 9 da Orde do 24 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que refire á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, modificada pola Orde do 9 de outubro de 2012.

Cantidade que hai que reintegrar: 20.920,00 €.