Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51234

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2015, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante acordo do Pleno, o Concello de Cortegada, unha vez publicada a dita resolución de publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2015 no Diario Oficial de Galicia número 223, do 20 de novembro de 2014, solicita facer as seguintes modificacións:

No anexo III, provincia de Ourense, na páxina 48046, onde di: «28. Cortegada: 19 de marzo, San Xosé; 24 de xullo, festas patronais de Cortegada», debe dicir: «28. Cortegada: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 19 de marzo, San Xosé».