Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ares (expediente IN407A 2014/184-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CT na avenida Federico García Expósito.

Situación: Ares.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 50 m, coa orixe en empalmes que se realizarán na LMT VDC-705, entre os centros de transformación rúa Fonteliz e Ares-Ponte, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na mesma liña unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 21 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña