Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51242

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 27 de novembro de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Sanidade, mediante a Orde do 26 de setembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 205, do 27 de outubro), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; na demais normativa vixente, e de acordo coa base sexta da referida convocatoria e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do devandito decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 26 de setembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 205, do 27 de outubro).

Segundo. Declarar deserto o posto de traballo denominado xefatura do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios, código do posto CSA991010136560001, nivel 28, dependente da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Sanidade, localidade Vigo.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade