Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2014060TA-PO, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 12 de setembro de 2014, a conselleira de Sanidade resolveu desestimar o recurso de alzada interposto por María Isabel Calvo Silva contra a resolución do expediente sancionador 2014060TA-PO ditada pola xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra o 26 de maio de 2014.

Intentada a notificación da resolución do recurso de alzada, e non sendo posible a súa práctica, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por medio desta cédula, notifícaselle a María Isabel Calvo Silva o contido da referida resolución que figura como anexo.

De acordo co establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316 NIF S1511001H e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso contencioso- administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 14 de novembro de 2014

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2014060TA-PO.

Denunciada: María Isabel Calvo Silva, con NIF 35318625D, como titular do establecemento A.B. Lucio.

Último enderezo coñecido: San Antoniño, Estación de Servizo, 36191 Barro, Pontevedra.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 4.c) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro); modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro).

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 19.2.c) da citada Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Sanción imposta: setenta e cinco euros (75,00 €).

Contido da resolución: desestima o recurso de alzada interposto por María Isabel Calvo Silva.