Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo para a posta en marcha da Administración electrónica xudicial da Administración de xustiza en Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo POEC 2007-2013 (expediente 06/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a análise, construción e integración dos seguintes sistemas de información: consolidación da información xudicial e creación dun repositorio único, visor do expediente xudicial electrónico (EXE), sede electrónica xudicial, compoñentes de Administración electrónica, integracións co xestor procesual actual.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 22.5.2014.

DOUE: 16.5.2014.

BOE: 31.5.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 3.813.223,18 €.

5. Orzamento base de licitación: 1.525.289,27 € máis 320.310,75 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.845.600,02 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22.10.2014.

b) Data de formalización do contrato: 17.11.2014.

c) Contratista: UTE Indra-Tecnocom.

d) Importe de adxudicación: 1.845.555,83 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia