Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51122

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 3 de decembro de 2014 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos/as funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais.

A Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos/as funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o primeiro exercicio o día 7 de novembro de 2014, tendo en conta diversas cuestións técnicas relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos/as funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda