Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 20 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, polo que se dá publicidade das sancións firmes impostas pola comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais, no expediente 2011/0025-0 e dous máis.

Unha vez que adquiriron firmeza as sancións impostas ás empresas que se relacionan, pola comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais, procédese a darlles publicidade, de conformidade co disposto na Orde do 30 de xullo de 2008 sobre publicación das sancións nesa materia e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

– Expediente: RL 2011/0025-0.

Nome ou razón social da empresa: Industrias Madalum, S.L.

Sector da actividade e CNAE: fabricación de carpintaría metálica (25).

CIF: B15015704.

Domicilio social: lugar Limodre, s/n, Fene ( A Coruña).

Infracción cometida: artigo 13.10 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Traballos na proximidade de liñas de alta tensión sen medidas de protección, xerando un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores.

Precepto legal infrinxido: artigos 14 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 23.6.2011.

Data de firmeza da sanción: 18.8.2014.

– Expediente: RL 2013/0020-0.

Nome ou razón social da empresa: Grupo Empresarial Ence, S.A.

Sector da actividade e CNAE: fabricación de pasta papeleira (17).

CIF: A28212264.

Domicilio social: Marismas de Lourizán, s/n, Pontevedra.

Infracción cometida: artigo 13.14 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Subscrición de pactos en fraude de lei, para eludir a responsabilidade en materia de seguridade e saúde.

Precepto legal infrinxido: artigo 24.3 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 16.9.2013.

Data de firmeza da sanción: 18.8.2014.

– Expediente: 2014/0001-0.

Nome ou razón social da empresa: Rovisgaso, S.L.

Sector da actividade e CNAE: construción de edificios (41).

CIF: B94053147.

Domicilio social: lugar Pedroso, Bamio, 65, baixo I, Vilagarcía de Arousa.

Infracción cometida: artigo 13.10 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Ausencia de medidas de protección con risco de caída en altura grave e inminente.

Precepto legal infrinxido: anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras da construción.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 5.12.2013.

Data de firmeza da sanción: 18.8.2014.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008, semestralmente publicarase a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería.

Ademais, procederase á inscrición no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais dos datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da orde. Estes datos cancelaranse aos cinco anos contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social