Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 18 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo do inicio de reintegro das axudas ao Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 16 de xaneiro de 2009), relativa ao expediente TR340K 2009/42-1.

No uso das competencias atribuidas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas citadas resolucións, requírese a persoa citada no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, compareza persoalmente ou debidamente representada, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9-1º) das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres para ter coñecemento do contido daquelas; advírteselle que de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que a asiste para facer as alegacións e achegar os documentos que considere máis convenientes aos seus intereses, nun prazo de 15 días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de novembro de 2014

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 340K 2009/42-1.

Nome: Davinci Music-Bar, S.L.

Último enderezo coñecido: avda. Algeciras, 54, baixo, 15510 Neda, A Coruña.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.4 da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo do inicio de reintegro da axuda.