Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2014/50-2, 8186 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (Boletín Oficial del Estado núm. 310) do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento A Pena.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea PRS809-poboado a 20 kV con orixe na LMTA PRS806-Luíntra e final no apoio 1 da LMTA PRS809-poboado, cunha lonxitude de 11 metros en condutor tipo LA-110.

– Liña de media tensión subterránea PRS805-Erbedeiro 5 a 20 kV con orixe no edificio proxectado e final no apoio 1 da LMT PRS805-Erbedeiro 5, cunha lonxitude de 195 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

– Liña de media tensión subterránea PRS804-Tamallancos CH Barbantiños a 20 kV con orixe no edificio proxectado e final no apoio 1 da LMT PRS804, cunha lonxitude de 190 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

– Liña de media tensión subterránea PRS806-Luíntra 6 a 20 kV con orixe no edificio proxectado e final no apoio 1 da LMT PRS806, cunha lonxitude de 195 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de novembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo