Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 50991

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se procede da publicación das puntuacións á baremación definitiva da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o 2 de decembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria

ACORDOU:

Primeiro. Estimar a reclamación presentada por Miguel López Sánchez á baremación de méritos provisional realizada por este tribunal, e modificar a súa puntuación na baremación definitiva da fase de concurso que pasa a ser de 33,18 puntos.

Segundo. Desestimar a reclamación presentada por María Emma Franco Abuín.

Terceiro. Proceder á publicación da baremación definitiva da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, dos aspirantes que presentaron a documentación. A relación das puntuacións obtidas recóllense no anexo desta resolución.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

María del Mar García Miraz
Presidenta do tribunal

ANEXO

NIF

Apelidos, nome

Base II.2.1

Base II.2.2

Total

33850340K

Franco Abuín, María Emma

35

1

36

33288182Y

López Sánchez, Miguel

30,78

2,40

33,18

53611073M

Lois Peón, Yolanda

0

1

1