Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 24 de novembro de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes (expedientes PO-01367-O-2014 e XC-01189-O-2014).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que a directora xeral de Mobilidade ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 30 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01367-O-2014

5631-GBV

Garda Civil 3601 Y76740V

Ramón Canosa Santos

76341436C

Estrada da Anchoa, s/n

15154 Fisterra (A Coruña)

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta, ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou en caso de que esta non consten no seu poder.

6.3.2014; 10.40; AP9; 137,5

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001

XC-01189-O-2014

7147GCL

Garda Civil 1525 P11649Z

Derribex, S.L.

B70245956

Avenida Joaquín Planells Riera, 25, 8º D

15008 A Coruña (A Coruña)

A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

19.11.2013; 11.15; DP0105; 1,0

Art. 140.37.4 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001