Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 24 de novembro de 2014 pola que se fai pública unha relación de resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 5 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 23 de abril) correspondente ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 5 de febreiro de 2014 (DOG do 23 de abril) da avaliación previa á asignación para o complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e que, intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos Estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia aprobados, por Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da notificación, advertindo que, en caso de non comparecer no prazo indicado se considerarán notificadas cos efectos que lle correspondan.

As citadas resolucións poñen fin á vía administrativa e poderase interpoñer contra elas, por parte dos/as interesados/as, recurso de reposición ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas ou do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación,
Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Juan Ferreiro Galguera

10598818G

78/1-14-C

Luís María Hervella Nieto

33995287E

90/1-14-C

María José Lombardía Cortiña

33322690Z

98/1-14-C

José Antonio Novo Peteiro

32785648E

105/1-14-C

Valentín Alejandro Martínez Fernández

32421155X

112/1-14-C

Jesús Blanco García

35442886R

167/1-14-C

Mª Dolores Gómez Pedreira

32774642X

191/1-14-C

Ignacio Durán Escribano

00135737Z

192/1-14-C

Juan Barja Pérez

33207496G

197/1-14-C

Teresa Fanego Lema

33192106R

253/1-14-C

Pablo Ramil Rego

33854793N

255/1-14-C

María Asunción Longo González

11067389L

262/1-14-C

Luís Ángel Quintela Arias

33304707V

353/1-14-C

Mª Teresa Amado Rodríguez

32748294C

445/1-14-C

Pablo García Tahoces

10066395P

481/1-14-C

José Bienvenido Díez Ferrer

29094272P

495/1-14-C

Enrique Guitián Rivera

33208170B

509/1-14-C

Dolores Cortina Gil

52676550H

510/1-14-C

Fernando Varas Mérida

13132028V

531/1-14-C

Rodrigo López Pouso

32670190R

533/1-14-C

Daniel Miles Touya

39452691D

546/1-14-C

Jesús Antonio Castro Fojo

32634177Y

547/1-14-C

Antonio Fernández Otero

36075474C

580/1-14-C

Carlos Ferrás Sexto

33269457A

606/1-14-C

Hernrique Lorenzo Cimadevila

32761107E

632/1-14-C

María de los Ángeles Quintás Corredoira

36108770N

645/1-14-C

Carmen Ruiz Hidalgo

26018703E

651/1-14-C