Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de coprodución dun espectáculo de danza moderna, neoclásica ou contemporánea (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: privado.

b) Descrición do obxecto: coprodución dun espectáculo de danza moderna, neoclásica ou contemporánea.

c) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato ata o 30 de novembro de 2015, sen posibilidade de prórroga.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 92310000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 41.322,31 €.

IVE (21 %): 8.677,69 €.

Importe total: 50.000 €, IVE incluído.

Anualidades (IVE incluído):

2015: 50.000 €.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Departamento de Xestión e no Departamento de Produción Coreográfica da Agadic.

b) Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21588.

Información de índole administrativa: 881 99 60 96.

Información de índole técnica: 981 13 49 46

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 12.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 12.1.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 12.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro da Agadic, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 11.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Agadic na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do DOG por liña é de 10,82 €.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2014

P.D. (Acordo do 24.7.2012)
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais