Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se empraza a persoa interesada no expediente 65/15/10/00003 das subvencións destinadas ao sector do lúpulo, ano 2010.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito á axuda do expediente núm. 65/15/10/00003 das subvencións destinadas ao sector do lúpulo, ano 2010.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas en rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación de acordo co previsto no artigo 10 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado na mesma forma anterior, de acordo co disposto nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

Anexo

Expediente: núm. 65/15/10/00003.

Interesado: Javier Lage Ramírez.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito á axuda.

Último enderezo coñecido: O Casal, 46, Babío, 15166 Bergondo (A Coruña).