Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2014 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificado, do servizo de limpeza para varios centros docentes non universitarios dependentes desta consellería (expediente 9/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza para varios centros docentes non universitarios dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa (Igafa), Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Aulas de Formación Pesqueira (AFP) de Cariño, Burela e Celeiro.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución: o prazo de execución do contrato é de 12 meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 90919300-5.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: avaliable de forma automática.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 138.303,00 €, IVE (21 %): 29.043,63 €, importe total: 167.346,63 €.

Valor estimado: 138.303,00 euros.

5. Financiamento: fondos propios da consellería.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non é exixible.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) e (consultas técnicas): 981 54 61 39.

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21659

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15 días) naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do día 12 de xaneiro de 2015.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: datos para a subrogación dos traballadores no anexo I do prego de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar