Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50642

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe da Sección de Cardioloxía.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, convocouse por Resolución AC 5/2014, do 31 de xullo (DOG núm. 181, do 23 de setembro), a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe da Sección de Cardioloxía.

Con base no Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, e na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe da Sección de Cardioloxía da Xestión Integrada de Vigo, convocada pola Resolución do 31 de xullo de 2014.

Segundo. Declarar deserto o posto convocado por non se ter presentado ningún aspirante.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 19 de novembro de 2014

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo