En virtude da habilitación conferida pola disposición derradeira segunda da Orde do 16 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia Entidades Locais 2014, para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal, mediante a distinción pública dos proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 119, do 25 de xuño), e de conformidade co establecido nos artigos 2.5, 4.6 e 7 da mesma orde, en relación coa composición do xurado encargado da análise e selección das solicitudes
DISPOÑO:
Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes que concorren aos premios Coopera Galicia Entidades Locais correspondentes ao ano 2014 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.
Segundo. Tomar razón da delegación efectuada polo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) no seu vicepresidente executivo.
Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014
José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local
Anexo
Xurado
Presidente:
– José Alberto Pazos Couñago, director xeral de Administración Local.
Vicepresidente:
– Alfonso Villares Bermúdez, vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), por delegación do seu presidente.
Vogais:
– Xosé Crespo Iglesias, alcalde de Lalín, por designación da Fegamp, en representación das deputacións provinciais.
– Alfredo García Rodríguez, alcalde do Barco de Valdeorras, por designación da Fegamp.
– Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño, por designación da Fegamp.
– Teresa Carballeira Rivera, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, designada pola Dirección Xeral de Administración Local.
– José Manuel Pardellas Rivera, funcionario de Administración local con habilitación de carácter estatal, subescala de Intervención-Tesouraría, categoría superior, designado pola Dirección Xeral de Administración Local.
Secretaria:
– Raquel Bahillo Varela, subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais da Dirección Xeral de Administración Local, que actuará con voz e sen voto.