Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viana do Bolo (expediente IN407A 2014/38-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT Mina Penouta.

Situación: Viana do Bolo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con entrada e saída no CS Mina Penouta, de 124 m con condutor RHZ1-20L-12/20 kV 3×(1×240) mm2 e con orixe na LMT SAG702 (A Gudiña-Penouta 2) e remate na LMT ao CT Ramilo 32AAK6.

Orzamento: 26.853,68 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 14 de novembro de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense