Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2014/32-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.

Domicilio social: rúa Coruña, 20, baixo, 36700 Tui.

Denominación: modificado LMT e CT Xacebáns-Crespos-Nogueira e Rapela.

Situación: Padrenda.

Características técnicas: CT aéreo de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V, montaxe dun interruptor de corte de imaxe térmica tipo Gardy, montaxe de equipamentos de compensación de rede e colocación dun armario de telemedida.

Orzamento: 11.933,60 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 5 de novembro de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense