Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do programa operativo Feder de Galicia 2014-2020.

Faise pública a Resolución do 20 de novembro de 2014 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do programa operativo Feder de Galicia 2014-2020, en cumprimento do disposto na dita resolución.

A integración do proceso de avaliación ambiental estratéxica ordinaria no procedemento de elaboración e aprobación do programa está prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

A declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1631/2014

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental