Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de modificación do contrato de xestión de servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada V-7055; XG-429, Noia-Medoña-Negreira-Cornanda-Noia, con anexos.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse, por solicitude da empresa contratista, expediente de modificación do seguinte contrato:

Contrato: V-7055; XG-429, Noia-Medoña-Negreira-Cornanda-Noia, con anexos.

Contratista: Autos Dosil, S.L.

Os interesados ou afectados nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Ardá, 4) efectuar as alegacións que coiden oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.coruña@xunta.es

A Coruña, 13 de novembro de 2014

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña