Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2014 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a subministración de gas natural para a Administración do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación da contratación administrativa para a subministración de gas natural para a Administración do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 377, do 21 de novembro de 2014 e na páxina www.parlamentodegalicia.es).

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Teléfono: 981 55 13 00.

5º. Telefax: 981 55 14 09.

6º. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es.

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: SRI-PA-7/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: gas natural.

c) División por lotes e número de lotes: non hai lotes.

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución/entrega: un ano.

f) Admisión de prórroga: por outro ano máis.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 09123000-7-gas natural.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: prezo do termo enerxía ou variable, de 0 a 90 puntos; criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor: de 0 a 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 94.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 47.000,00 €. Importe total: 56.870,00 €.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

c) Complementaria: no caso de que o licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa temeraria, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo importe do 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas particulares, e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación é un día festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata tres meses contados desde o remate do prazo para presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: dúas sesións públicas de apertura de ofertas, unha para sobres «B» e outra para sobres «C».

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Data e hora: no día e na hora que oportunamente se lles comunicará aos licitadores e se publicará no perfil de contratante da páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicados no BOPG núm. 377, do 21 de novembro de 2014 e na páxina www.parlamentodegalicia.es).

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia