Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50313

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña

ANUNCIO de licitación dun contrato administrativo de xestión de servizo público.

1. Entidade adxudicadora (cláusula 3ª do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP):

a) Organismo: Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña (NIF: V15859481).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: G. 01/14.

d) Aprobación do expediente: Pleno do Consorcio en sesión do día 20 de novembro de 2014.

2. Obxecto do contrato (cláusula 1ª do PCAP):

a) Obxecto: contrato administrativo de xestión de servizo público.

b) Descrición do obxecto: xestión indirecta, mediante concesión administrativa, do servizo de prevención e intervención en emerxencias que corresponde ao Consorcio contratante segundo os seus estatutos.

c) División por lotes: non; o contrato executarase nun lote único.

d) Lugar de execución: provincia da Coruña coas condicións e excepcións establecidas na cláusula 1.3 do prego de administrativas particulares (PCAP) e prescrición I do das prescricións técnicas (PPT).

e) Prazo de execución: oito anos.

f) Prórrogas: ata un máximo de oito anos.

g) Codificación do contrato:

– CPA: 84.25.11 (servizos de extinción e prevención de incendios).

– CPV: 75251000-0 (servizos dos corpos de bombeiros).

3. Tramitación, procedemento e selección do contratista:

a) Tramitación (cláusula 9ª do PCAP): ordinaria.

b) Procedemento (cláusula 9ª do PCAP): aberto.

c) Selección (cláusula 17ª do PCAP): oferta economicamente máis vantaxosa con pluralidade de criterios de adxudicación cun total de 100 puntos distribuídos en:

– Sometidos a Comité de Expertos, ata 60 puntos, subdivididos en: organización do servizo: persoal adscrito e marco territorial (ata 35 puntos); incremento e substitución de vehículos e equipos (ata 12 puntos); outras melloras para a prestación do servizo (ata 8 puntos); mantemento dos parques, equipamento e vehículos (ata 3 puntos); proxectos de pólizas de seguros (ata 2 puntos).

– Mediante aplicación de fórmula: baixa sobre o tipo inicial de licitación (mellora no prezo), ata 40 puntos.

4. Orzamento de licitación e valor estimado do contrato (cláusula 4ª do PCAP):

a) Orzamento de licitación: 55.573.883,92 € (cincuenta e cinco millóns cincocentos setenta e tres mil oitocentos oitenta e tres euros con noventa e dous céntimos) máis a partida correspondente ao imposto sobre o valor engadido (11.670.515,62 €).

b) Valor estimado do contrato: 111.147.767,84 € (cento once millóns cento corenta e sete mil setecentos sesenta e sete euros con oitenta e catro céntimos).

5. Garantías (cláusula 13ª do PCAP):

a) Provisional: 166.721,65 € (cento sesenta e seis mil setecentos vinte e un euros con sesenta e cinco céntimos).

b) Definitiva: ascenderá á cantidade resultante de lle aplicar a porcentaxe do 5 por 100 ao importe do prezo en que se vaia adxudicar o contrato (o total dos oito anos), IVE excluído.

c) Complementaria: non.

6. Obtención de documentación e información (cláusula 10ª do PCAP):

a) Entidade: Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.

b) Domicilio: polígono industrial Bértoa; rúa do Bronce-parcela G 2.

c) Localidade e código postal: Carballo, 15105.

d) Teléfono: 981 75 81 17.

e) Fax: 981 70 00 24.

f) Web: www.cciacoruna.com

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o sexto día hábil previo ao da data de remate que corresponda do da presentación de ofertas por parte dos licitadores interesados.

7. Requisitos específicos do contratista e de solvencia económica e financeira, e técnica: cláusula 8ª do PCAP e segundo se especifica no punto 2 da cláusula 12ª do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación de ofertas: dentro dos 20 (vinte) días naturais desde o seguinte ao da publicación do último dos anuncios da licitación no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia (cláusula 11ª do PCAP). Se o último día coincide con sábado ou festivo, finalizaría o día seguinte a estes.

b) Inicio do prazo de presentación de ofertas: o primeiro día natural ao seguinte ao da publicación do último do anuncios de licitación nos citados BOP da Coruña ou no DOG.

c) Documentación que cómpre presentar: a especificada nos puntos 2 (sobre A), 3 (sobre B), e 4 (sobre C) da cláusula 12 do PCAP.

d) Horario de presentación: desde as 9.00 ata as 14.00 horas, sexa cal for o medio en que se presenten (puntos 2 e 3 da cláusula 11ª do PCAP).

e) Lugar de presentación:

– Entidade: Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.

– Domicilio: polígono industrial Bértoa; rúa do Bronce-parcela G 2.

– Localidade e código postal: Carballo, 15105.

f) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

g) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas (cláusula 15ª do PCAP):

a) Entidade: Mesa de Contratación.

b) Lugar, data e hora: inserirase con 48 horas de antelación no perfil do contratante e, de ser o caso, comunicarase por fax ou correo electrónico aos licitadores.

c) Sobres obxecto de apertura en acto público: serán abertos en acto público tanto os sobres B (Documentación técnica de criterios de adxudicación non avaliables mediante a aplicación de fórmulas), como os sobres C (Oferta económica e estudo de custos).

10. Documentación de interese (cláusula 10ª do PCAP): no perfil do contratante da web do Consorcio (www.cciacoruna.com) insírense, ademais do anuncio de licitación, os documentos seguintes: o prego de cláusulas administrativas particulares (PACP) e os seus anexos e o prego das prescricións técnicas (PPT); os anexos deste último (PPT) están á disposición dos interesados na indicada sede do Consorcio contratante. En caso de solicitar copia en soporte papel de calquera documento, deberá aboarse previamente a taxa correspondente (en aplicación da Ordenanza fiscal nº 3, publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 35, do 14.2.2005); non obstante, os licitadores poden facilitar un lapis de memoria ao Consorcio para obter as copias dos pregos e anexos.

11. Gastos de anuncios (cláusula 10ª.1 do PCAP): serán por conta do que resulte contratista e en contía máxima de 3.500,00 €.

Carballo, 21 de novembro de 2014

Luis Menor Pérez
Presidente do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña