Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de novembro de 2014, do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PN-PO-2014-23-NAV.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal sen efecto, notifícaselle á persoa que se sinala no anexo a proposta de resolución de expediente sancionador por infracción da Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta proposta de resolución, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sito na rúa Oliva nº 3-2ª planta, en Vigo, conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Vigo, 14 de novembro de 2014

José Antonio Fernández Bouzas
Director-conservador do Parque Nacional Marítimo-Terrestre
das Illas Atlánticas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado

PN-PO-2014-23-NAV

Juan Carlos Fernández Díaz