Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 49986

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de novembro de 2014 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/14, convocados pola Orde do 12 de agosto de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto).

A Orde do 12 de agosto de 2014 (DOG do 20 de agosto) pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2013/14, establece no seu artigo 11.2 que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicadas as cualificacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas no portal educativo https://www.edu.xunta.es, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/14 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Esta orde de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/14

Sol.

Apelidos e nome

Cód. c.

Centro estudos

Importe

14383

Díaz Díaz, Fernando

15004125

CPR Eiris

750 €

14470

Doural García, Xabier

27020562

IES de Foz

750 €

14262

Orois Gómez, Sara

15015561

CPR Manuel Peleteiro

750 €

14761

Lois Bermejo, María Irene

15004642

CPR Santa María del Mar

750 €

13161

Novo González, Carmen

27013648

IES Vilar Ponte

750 €

14364

De Prada Corral, Manuel

27020586

CPR Galén

750 €

15562

Cardero Riveiro, Enrique

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

750 €

15466

Cabana Porto, Fernando

27006437

CPR Plurilingüe San José

750 €

14261

Carballa Corredoira, Boris

36011750

CPR Plurilingüe Don Bosco

750 €

14161

Fernández Martínez, Luis

15015561

CPR Manuel Peleteiro

750 €

14574

Jiménez del Campo, Lucía

36019921

CPR Los Sauces

750 €

14563

Alonso Bartolomé, Santiago

27007259

IES Río Cabe

750 €

13660

Busto Castiñeira, Andrea

15026421

IES Plurilingüe Rafael Dieste

750 €

14379

López Barbeito, Miguel

15015561

CPR Manuel Peleteiro

750 €

14778

Sieira Bravo, Gabriela del Carmen

36019921

CPR Los Sauces

750 €

14818

Pazos Linares, Elena

32008604

CPR Plurilingüe Santa María

750 €

15360

Alcántara Álvarez, Iago

36011798

IES Alexandre Bóveda

750 €

14673

Martínez García, Sara

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

750 €

15361

García Quiñones, Cristina

36011798

IES Alexandre Bóveda

750 €

14876

Fernández Viéitez, Raquel

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

750 €