Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2013/129-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2013/129-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: anexo 1 do proxecto mellora LMT Santo Antonio-A Bazaqueira.

Situación: concello de Oza-Cesuras.

Características técnicas:

– Pasos aerosubterráneos MT.

Tensión nominal: 20 kV; tensión de servizo: 15 kV tipo: dous pasos aerosubterráneos que se van realizar no apoio nº 20 proxectado de tipo HVH-15/2.500 que substitúe o existente de tipo HV-12/1.000 da LMT Santo Antonio-A Bazaqueira (expediente 379/2.004) (UTM: 559.817; 4.777.110).

– LMT subterránea a CS Santo Antón.

Inicio liña (UTM): paso de aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 20 proxectado de tipo HVH-15/2.500 que substitúe o existente de tipo HV-12/1.000 da LMT Santo Antonio-A Bazaqueira (expediente 379/2.004) (UTM: 559.817; 4.777.110) final liña (UTM): paso de subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio nº 20 proxectado de tipo HVH-15/2.500 que substitúe o existente de tipo HV-12/1.000 da LMT Santo Antonio-A Bazaqueira (expediente 379/2.004), despois de realizar entrada e saída no CS Santo Antón proxectado (UTM: 559.817; 4.777.110) lonxitude: 40 metros categoría: terceira condutor: RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al). Tensión nominal: 20 kV e tensión de servizo: 15 kV.

– Centro de seccionamento Santo Antón.

Tipo: centro de seccionamento en caseta de obra civil aparellaxe MT: celas con illamento en SF6. Esquema do centro: cela de remonte por cable e cela de liña. Tensión nominal: 20 kV e tensión de servizo: 15 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 6 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña