Por Orde do 1 de setembro de 2014 (DOG nº 186, do 30 de setembro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 1 de setembro de 2014 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.
Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.
O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computaranse desde a data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedan á persoa interesada; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.
Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.
Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2014
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda
ANEXO
Datos do/a funcionario/a:
Apelidos e nome: Pérez Estévez, Eladio.
Número de rexistro persoal: 3556735446 A205F.
Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia. Escala técnica de finanzas.
Subgrupo: A2.
Datos do posto de traballo:
Denominación: Xefatura do Departamento de Recadación.
Código do posto: FC.A29.10.000.27001.140.
Nivel: 28.
Centro directivo ou dependencia: Delegación da Axencia Tributaria de Galicia en Lugo.
Localidade: Lugo.