Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49963

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de rectificación (expediente 7614-446).

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria e urxente do 14 de novembro de 2014, acordou deixar sen efecto o prazo de presentación de ofertas no procedemento aberto para a contratación do servizo de conservación e reposición das zonas verdes na cidade de Vigo, que foi publicado no DOG núm. 208 e no BOP de Pontevedra núm. 210, ambos os dous do 30 de outubro de 2014.

Así mesmo, aprobou modificacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas e engadiu como anexo IV ao citado prego a lista de traballadores que actualmente prestan o servizo de conservación e reposición de zonas verdes presentada polas empresas Cespa, S.A., e Cespa Jardinería, S.L., no Rexistro Xeral deste concello o 11 de novembro de 2014.

Á vista destas modificacións, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas, que finalizará o trixésimo (30º) día natural seguinte ao da última publicación do presente anuncio no BOP de Pontevedra ou no DOG, e mantense o contido dos anuncios de licitación sinalados en todo o que non afecta esta corrección.

Vigo, 25 de novembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación