Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO de modificación da encomenda de xestión realizada á empresa Tragsa para a obra de execución da mellora e adecuación da parcela do Xardín Botánico, etapas 1 e 2 (expediente 401/2014).

A Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), actuando en nome e representación da USC, en virtude das facultades legais que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e os estatutos da USC aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro),

EXPÓN:

Primeiro. A realización da obra de execución da mellora e adecuación da parcela do Xardín Botánico, etapa 1 e 2 (expediente 401/2014), foi encomendada á empresa Tragsa o día 2 de xuño de 2014.

Segundo. Unha vez iniciadas as obras, logo da limpeza do muíño de San Domingos, apreciouse unha fisura na bóveda do seu tremiñado e un avanzado estado de deterioración da cuberta de tella.

Terceiro. Os técnicos da Administración municipal e autonómica que interveñen na obra propoñen como solución provisional o apuntalamento da bóveda e a súa cubrición mediante unha lona de material adecuado, ancorada dun modo efectivo.

Cuarto. Para executar esta solución provisional urxente, o codirector facultativo da obra propuxo a modificación do proxecto.

Quinto. Por Resolución do 17 de setembro de 2014 autorizouse a modificación do proxecto.

Sexto. Por Resolución do 28 de outubro de 2014 aprobouse a modificación do proxecto.

Á vista do anterior, procede modificar as cláusulas primeira e quinta da encomenda, que quedan redactadas como a seguir se indica:

Modificación das cláusulas da encomenda

Primeira. O obxecto da encomenda é a realización da obra de mellora e adecuación da parcela do Xardín Botánico (etapa 1 e 2) da Universidade de Santiago de Compostela (expediente número 401/2014), coa execución das actuacións que se establecen no proxecto modificado.

Quinta. O prazo para a execución desta obra amplíase ata o 29 de maio de 2015.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2014

Juan Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela