Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49965

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, con procedemento aberto, para a contratación da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria da Deputación, na zona de influencia da nave da Área de Infraestruturas en Bande.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria da Deputación Provincial de Ourense na zona de influencia da nave da Área de Infraestruturas en Bande, cun tipo de licitación de 82.000 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente a aqueles o soliciten no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 31 75 40, fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da Deputación www.depourense.es

Ourense, 17 de novembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense