Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Lourdes Fernández Rey.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña tramítase o recurso 264/2014 (procedemento abreviado), interposto por Lourdes Fernández Rey contra a desestimación do recurso de reposición formulado contra a Resolución do 24 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listaxes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a en farmacia (DOG nº 21, do 31 de xaneiro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos