Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pazos de Borbén (expediente IN407A 2014/217-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalación de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS e CS polígono Amoedo, zona B, parcela 2-C.

Situación: Pazos de Borbén.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 14 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación existente PA1-EMC41G e final no CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas modulares baixo envolvente metálica de illamento integral en SF6, situado no polígono industrial de Amoedo, zona B, parcela 2-C, Pazos de Borben.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 21 de novembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra