Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre a acometida eléctrica en baixa tensión para a subministración eléctrica á central de comunicacións denominada RTG_2700835_NUEVA_LU_61_ As Nogais, no concello das Nogais, promovido por Retegal (2014/0105).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 11 de novembro de 2014, sobre a acometida eléctrica en baixa tensión para a subministración eléctrica á central de comunicaciones denominada RTG_2700835_NUEVA_LU_61_As Nogais, no concello das Nogais, promovido por Retegal (2014/0105).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental