De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 11 de novembro de 2014, sobre a acometida eléctrica en baixa tensión para a subministración eléctrica ao centro de telecomunicacións denominado RTG_NOVA_LU_20 (Cabeza do Couto-Visuña), no concello de Folgoso do Courel, promovido por Retegal (2014/0103).
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental