Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49876

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes, e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

3. Datas: os días 12, 15, 16, 17, 18 e 19 de decembro de 2014.

4. Lugar de realización: Frinsa del Noroeste, S.A., avenida Ramiro Carregal Rey, parcela 48, 15969 Ribeira (A Coruña).

5. Número de prazas: 30 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo anexo.

9. Programa:

Día 12.12.2014

15.00-18.10 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. Pragas de interese en saúde pública. Pragas de insectos. Métodos de loita antivectorial.

Día 15.12.2014

8.00-11.10 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Pragas de insectos. Pragas de roedores. Pragas de aves. Métodos de loita.

Día 16.12.2014

8.00-11.10 h

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

Día 17.12.2014

8.00-11.10 h

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación.

Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas.

Día 18.12.2014

8.00-11.10 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Día 19.12.2014

08.00-13.10 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: fichas de datos de seguridade.

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións.

Test de avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Entidade organizadora: Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 12, 15, 16, 17, 18 e 19 de decembro de 2014.

Lugar de realización do curso: Frinsa del Noroeste, S.A., avenida Ramiro Carregal Rey, parcela 48, 15969 Ribeira (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: o 12 de decembro, das 15.00 ás 18.10 horas, os días 15, 16, 17 e 18, das 8.00 ás 11.10 horas, e o día 19, das 8.00 ás 13.10 horas.

Nº de prazas: 30 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición xunto con unha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U., avenida Primo de Rivera, nº 4, 2º, local 6-7, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24 54 18, fax: 981 16 81 59, correo electrónico: comercial@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa:

CIF:

Enderezo:

Localidade:

Teléfono: Fax:

Correo electrónico:

Apelidos:

Nome:

NIF: