Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes en materia de residuos CO-RES-2014-0079 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2; Edificio Administrativo de Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 11 de novembro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0079.

Interesado: Relu Matei.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0228.

Interesada: Composmotor Santiago, S.L.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0235.

Interesado: Gerardo Gómez Iglesias.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0245.

Interesado: Hermanos Gómez Lale.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.