Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de setembro de 2014, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a solicitude de ocupación da antiga casa do gardapeiraos do porto de Ribeira para dar servizo a Cruz Vermella Española (expediente 12-48-14-C-1).

Cruz Vermella Española solicitou unha concesión administrativa de ocupación da antiga casa do gardapeiraos do porto de Ribeira, como sede súa, segundo a memoria valorada de adecuación do edificio, redactada pola enxeñeira municipal Uxía Landeira Pereira en xullo de 2014.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 18 de setembro de 2014

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia