Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49605

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente por Acordo plenario do 6 de novembro de 2014 a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Mesía, para a súa adaptación á Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, de conformidade co artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses, mediante a publicación dos correspondentes anuncios nos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia, e no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de información pública comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e durante este todas as persoas interesadas poderán consultar o documento nas oficinas municipais e presentar as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas.

O documento tamén poderá ser consultado na páxina web municipal:

http://concellodemesia.es

Mesía, 11 de novembro de 2014

Mariano Iglesias Castro
Alcalde