Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49542

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (297/2013).

Eu, Anxo Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lac polo presente edicto notifícase a María Gloria Castro Álvarez a sentenza con data do 31 de marzo de 2014 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 46/2014.

Vigo, 31 de marzo de 2014.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 297/2013 se seguen por instancia de Targobank, S.A. representada polo procurador José Vicente Gil Tránchez e dirixida polo letrado Jorge Castro Díaz, contra Roberto Velasco Vicente, representado pola procuradora Soledad Pérez González e dirixido pola letrada Yolanda Lago-Bergon Rodríguez e María Gloría Castro Álvarez, declarada en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de cantidade baseada nun contrato de empréstito.

Decido estimar totalmente a demanda interposta por Targobank, S.A. contra Roberto Velasco Vicente e María Gloria Castro Álvarez, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Roberto Velasco Vicente e a María Gloria Castro Álvarez a pagarlle a Targobank, S.A., con carácter solidario, a cantidade de 6.086,05 euros, á que ascendía o saldo debedor no momento do vencemento do préstamo, cos xuros moratorios estipulados no contrato que sexan reportados desde aquel momento.

2º. Condeno a Roberto Velasco Vicente e a María Gloria Castro Álvarez a pagar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino.

Vigo, 6 de novembro de 2014

O secretario xudicial