Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 21 de outubro de 2013, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 13 de setembro de 2013, ditada no expediente sancionador AC-58/13 por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12,
do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o disposto no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE nº 159, do 9 de agosto), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulguen pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e para obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas.

A Coruña, 21 de outubro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-58/13.

Denunciado: Óscar Romero Pérez.

NIF: 46897158C.

Establecemento: Bola 8.

Enderezo: rúa Polígono, 13.

Localidade: Cambre.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, letra b), da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 13 de setembro de 2013.

Sanción: apercibimento.