Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49125

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de novembro de 2014 pola que se extingue a autorización do centro privado Astarté, do concello de Carballo.

Por Orde do 5 de febreiro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do 9 de marzo de 2001, autorizouse a apertura e funcionamento do centro privado Astarté do concello de Carballo (A Coruña), para impartir as ensinanzas do ciclo formativo de grao medio de Perrucaría.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incoa o expediente de extinción da autorización do centro privado Astarté de conformidade co previsto no punto oitavo da Orde do 20 de setembro de 1995, en relación cos artigos 16 e seguintes do Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Polo que antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Revogar a autorización do centro docente privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Astarté.

Código do centro: 15032170.

Domicilio: Alfredo Brañas, nº 15, semisoto.

Concello: Carballo.

Provincia: A Coruña.

Titular: Aurejor, S.L.

Ensinanzas que se extinguen: todas as autorizadas (ciclo formativo de grao medio de Perrucaría).

Segundo. A extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria