Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49549

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (352/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 352/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Tato Castro sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Acordo:

– Ter por desistido a Mónica Tato Castro da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Juan Capella Auditores, S.L.P., Transportes Duco, S.L., Stock Tres Mantemento e Distribuciones, S.A. e Fondo de Garantía Salarial.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Duco, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2014

A secretaria xudicial