Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da xestión do servizo público de explotación, en réxime de concesión, do centro de apartamentos tutelados de Antas de Ulla, para persoas en situación de autonomía, na modalidade de concesión, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 102/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: xestión do servizo público de explotación, en réxime de concesión, do centro de apartamentos tutelados de Antas de Ulla, formado por doce apartamentos con capacidade para 16 prazas para persoas maiores en situación de dependencia.

b) Referencia de nomenclatura: CPA:87.1, CPV: 85311100.

c) Lugar de execución: concello de Antas de Ulla.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: douscentos sesenta e dous mil oitocentos euros (262.800 €) IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación do contrato, IVE excluído (11.945,72 euros).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social-Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 50.

e) Fax 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7 (documentación previa á adxudicación) do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do complexo administrativo de San Caetano, s/n.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21619

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar