Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2014/189-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Marta Saa González.

Domicilio social: Vilameá, 8, Camba, 36539 Rodeiro.

Denominación: LMT, CT para unha granxa en Vilameá.

Situación: Rodeiro.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 90 metros de lonxitude, con orixe no apoio 12 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal e final no CT proxectado. Centro de transformación de 50 kVA, RT 20 kV/400 V, situado nunha granxa en Vilameá, Camba, Rodeiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefa territorial de Pontevedra