Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49120

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN316A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 78.8 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no artigo 20 da Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN316A), procédese por medio desta resolución á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria ao abeiro da referida orde.

Deste xeito cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2014, o seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN316A).

b) Aplicación orzamentaria: 08.03.734A.780.1 «Plan para a utilización da pedra natural na envolvente dos edificios».

c) Crédito orzamentario: ano 2014, 200.000,00 euros.

d) Destinatarios: os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas illadas ou edificios de vivenda colectiva da súa titularidade sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Beneficiarios, importe e finalidade das axudas: no anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO
Subvencións concedidas

Beneficiario

NIF

Subvención concedida 2014 (euros)

Concello actuación

Provincia actuación

José Manuel Schwarz Bautista

36041217X

3.922,54

Vigo

Pontevedra

José Luis Cabado Real

33827003Y

4.741,99

Lugo

Lugo

Comunidade de Propietarios Travesía de Vigo, 21

H36701662

9.549,96

Vigo

Pontevedra

Felisa Concepción Alonso Quiroga

34576263H

8.910,00

Petín

Ourense

José Cibreiro Méndez

77401183L

7.101,60

Silleda

Pontevedra

Bertín Rodríguez Rodríguez

35799734G

1.772,10

A Guarda

Pontevedra

Juan Manuel Castro Miniño

35803727H

6.170,52

A Guarda

Pontevedra

Comunidade de propietarios Vasco da Ponte, nº 1

H32292567

30.749,40

Ourense

Ourense

Comunidade de propietarios Edificio Pontiñas

H36126753

5.544,00

Lalín

Pontevedra

Magín López Abelleira

33741110H

13.874,49

Vigo

Pontevedra