Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 997/2014, interposto por Margarita Caramés Salvador.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 997/2014, interposto por Margarita Caramés Salvador contra a desestimación do recurso de reposición contra a Resolución do 27 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2013.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso Administrativo número dous de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública