Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e anticipada de gasto e documentalmente simplificado, dun servizo para o fomento do consumo da conserva de produtos mariños entre os nenos e nenas no ano 2015 (2 lotes) (expediente 4/2015). Procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo da Pesca -FEP- nun 75 %.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: preparación, coordinación e realización de actividades lúdicas, co obxecto de fomentar o consumo de conservas de produtos mariños entre os nenos e as nenas no ano 2015.

c) División por lotes e número: 2 lotes.

Lote 1: realización de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños entre os nenos e nenas en campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais.

Lote 2: realización de excursións para o fomento do consumo da conserva de produtos mariños entre os nenos e nenas.

d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e ata o 31 de agosto de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79342200-5, 92000000-1, 79970000-4, 55321000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto:

Criterios de adxudicación: de xuízo de valor e de aplicación de fórmulas, recollidos na letra N do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 300.000,00 €, IVE (21 %): 63.000,00 €. Importe total: 363.000,00 €.

Valor estimado: 300.000 €.

5. Financiamento: fondos propios e Fondo Europeo da Pesca -FEP-, segundo as porcentaxes recollidas nos pregos.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da folla de especificacións do prego.

7. Garantías exixidas: definitiva (5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas); 981 54 62 61 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén poderán obterse os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21622

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do sétimo día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014

P.A. (Orde do 30.3.2012, DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar