Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 49008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de construción dun centro de saúde en Galeras-Santiago de Compostela, cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76 (expediente AB-SER3-14-003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-14-003.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación da obra de construción dun centro de saúde en Galeras-Santiago de Compostela (A Coruña), cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 87, do 8 de maio de 2014, na web do Servizo Galego de Saúde e plataforma de contratos de Galicia o 8 de maio de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.926.121,22 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.926.121,22 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 3.540.606,68 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28.10.2014.

b) Data de formalización do contrato: 29.10.2014.

c) Contratista: UTE: Construcciones Orega, S.L. + Obras y Servicios Gómez Cerspo, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 2.388.592,75 euros. IVE (%) 21 %. Importe total: 2.890.197,23 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. Poden verse os informes de valoración publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos